
O compositor Juan Durán asistiu en Sober á estrea mundial da súa peza «Cinco miniaturas machadianas». O concerto, celebrado o sábado 27 de febreiro no Auditorio de Sober, estivo a cargo da soprano Sara López Porta, acompañada polo pianista Pablo García Berlanga. A estrea foi organizada dentro dun recital lírico organizado polo Concello e as Xuventudes Musicais de Sober.
Juan Durán está considerado pola crítica como o compositor galego máis importante da súa xeración, e o de máis proxección internacional. O seu catálogo integra tanto ópera como música sinfónica e sinfónico-coral, ademais de música de cámara e lied, xunto a arranxos e orquestración de música popular galega.•