O Alcalde anima a participar no Entroido de Monforte

• Logo da publicación por parte da Consellería de Sanidade do protocolo de medidas básicas para o desenvolvemento do Entroido, este permite a celebración desta festa

Imaxe de arquivo do Entroido de Monforte do ano 2020, pouco antes da declaración de estado de alarma. Foto ENCOMÚN.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anima á participación de todos os monfortinos e monfortinas na celebración do vindeiro Entroido, logo de que a Consellería de Sanidade publicase o protocolo de medidas básicas para o desenvolvemento do mesmo, protocolo que permite a celebración desta festa.

UN ENTROIDO SEGURO
José Tomé sinala que “dende o Concello seguimos traballando para desenvolver con normalidade o noso calendario anual de actividades. E tal e como xa fixemos coa Cabalgata de Reis, desenvolveremos un Entroido seguro, dacordo coas medidas establecidas polas autoridades sanitarias”.

MASCARILLA OBLIGATORIA
O protocolo ditaminado polas autoridades sanitarias recolle unha serie de medidas básicas encamiñada a garantir o uso seguro dos espazos públicos no exterior. Neste senso, incide na obrigatoriedade do uso da máscara en todo momento, a distancia interpersoal ou a hixiene de mans.
Da mesma forma, a utilización da vía pública para a celebración de desfiles ou exhibicións de música ou baile deberá desenvolverse nas condicións que determine a autoridade municipal correspondente, polo que dende o Concello traballase para garantir a celebración dos mesmos, velar polo cumprimento das medidas de seguridade, hixiene e distancia interpersoal vixentes.

18.000 € EN PREMIOS
“Os nosos veciños poden estar tranquilos, que dende o Concello traballamos para que o Entroido deste ano, logo de que o ano pasado non o puideramos levar a cabo, se celebre de xeito seguro”, subliñou o rexedor monfortino.“Por iso, animamos ós veciños e veciñas de Monforte a que participen nos diferentes concursos convocados polo Concello para este Entroido 2020”. Hay 18.000 € en premios. O primeiro dos eventos do Entroido monfortino será o concurso do Xoves de Compadres, que se celebrará o 17 de febreiro. O 24 de febreiro, acollerá o Xoves de Comadres. Finalmente, o Desfile de comparsas e disfraces do Martes de Entroido realizarase o 1 de marzo. As solicitudes para inscribirse no concurso do Xoves de Compadres terán de data límite para ser presentadas o vindeiro 16 de febreiro ás 14 horas; no concurso do Xoves de Comadres, o último día para inscribirse será o 23 de febreiro ás 14 horas; e finalmente para o desfile de comparsas e disfraces do Martes de Entroido, o prazo rematará o 24 de febreiro ás 14 horas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

●●● As esculturas con motoserra de Jesús Benavides sorprenden na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Castiñeira considera que Tomé usou a Deputación como trampolín para chegar a Secretario Xeral do PSOE de Lugo

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: