Chantada acolle unha concentración mototurística os días 13 e 14 de abril

O Motoclub RS Chantada vén de cambiar recentemente de directiva e nesta nova andaina decidiuse recuperar esta celebración que levaba máis de 10 anos sen organizarse

Membros da nova directiva do Motoclub RS Chantada . Foto GPCCH.

O Concello de Chantada recupera esta fin de semana, 13 e 14 de abril, a celebración da Concentración Mototurística organizada polo Motoclub RS Chantada. O evento, que conta co apoio do Concello, ofrecerá actividades deportivas, gastronómicas, turísticas e musicais para os asistentes. “Esta Concentración é un atractivo turístico máis para dar a coñecer o noso concello. Son benvidas as iniciativas que dinamizan a vila, a hostalería e o comercio, todo o que axude a mover a economía”, asegura Belén Vázquez, concelleira de Deportes. O Concello colabora coa organización, facilitando dous pavillóns para que os participantes dispoñan de espazos gratuítos onde pasar a noite. A axenda da Concentración desenvolverase conforme ao seguinte programa:

Sábado, 13 de abril

  • 12:00 Apertura de inscricións.
  • 17:00 Xogos Moteros.
  • 19:00 Exhibición de Emilio Zamora (Ducati).
  • 21:00 Ceo.
  • 23:30 Exhibición de Emilio Zamora. Ao rematar, festa con disco móbil e sorteo de minimoto.

Domingo, 14 de abril

  • 09:00 Almorzo.
  • 11:00 Ruta Turística pola zona da Ribeira Sacra.
  • 13:30 Xantar e Entrega de trofeos e sorteo de agasallos.
    O Motoclub RS Chantada recentemente renovou a súa directiva e nesta nova etapa decidiu recuperar esta celebración que levaba máis de 10 anos sen organizarse. “Reunímonos con xente nova que se foi incorporando e con algún veterano que estaba na anterior organización e decidimos recuperala, o Concello tamén nos animou a sacala adiante”, sinala Alejandro Eiriz, tesoureiro do Motoclub RS Chantada.
    “Temos xogos moteros, exhibicións de Emilio Zamora, faremos rutas pola vila e o domingo baixaremos ata Belesar pola zona da ribeira. Parece que o tempo nos vai acompañar, sentímonos satisfeitos de recuperar o que tiñamos hai anos e poder seguir facéndoa anualmente”, apunta Eiriz.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os datos confirman unha alta ocupación

Seguinte Nova

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, perde cuestión de confianza polos Orzamentos rexeitados

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss