


tempo de Nadal, e a pesar dos elevados prezos dos combustibles e alimentos, ninguén quere que perda o seu espírito festivo e alegre. Por iso, desde todos os concellos ofrécense variados programas con actividades de todo tipo, que contribuen a animar as súas rúas, e tamén a que deixemos algo de diñeiro no maltreito comercio local.
CONCURSOS
NADAL EN SARRIA
En Sarria convócase a terceira edición dunha serie de concursos organizados polo concello, que baixo a denominación “Nadal en Sarria”, inclúen un concurso fotográfico “Desde Sarria con amor”, outro de deseño de bólas de Nadal, e outro de decoración do Nadal. Estas tres modalidades están xa na súa terceira edición. Ademais, tamén se convoca un concurso de deseño de postais do Nadal e como novidade, un de Panxoliñas.
Agárdase que sexan numerosos os que se animen a participar. Para elo, deben facer chegar os seus traballos por correo electrónico ás seguintes contas: fotografia.nadal@sarria.gal, decoracion.nadal@sarria.gal, panxolina.nadal@sarria.gal. Para os concursos de postais e bólas de nadal, haberá que presentar os traballos orixinais na Biblioteca Municipal Camilo Gonsar.
Os gañadores obterán tarxetas regalo para comprar no comercio de Sarria.
MAXIA, CIRCO E ESPECTÁCULOS INFANTÍS EN CHANTADA
Pola súa banda en Chantada, poderemos gozar desde a visita o xoves día 22 da Apalpadora, no Auditorio Municipal ás 19 horas, a actuación do Mago Tomico o día 28 ao espectáculo circense Par de dous, o día 30 de decembro, todos o mesmo lugar e hora. E ademais, dende a Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra lémbrannos que estamos en plena campaña do Nadal do comercio chantadino, durante a cal, todas as compras que fagamos ata o próximo 9 de xaneiro, poderán ter un premio, pois entrarán nun sorteo de 5.000 euros en bonos regalo.•