Eduardo Iglesias participou por primeira vez no Dakar no ano 2020 conseguindo o posto 94, en 2021 escalou ata o posto 53, e, este ano, rematou no posto 78. “Na edición do ano 2023 volve poñerse ante este reto que ten por diante 5.000 quilómetros repartidos en 14 etapas” na que pode ser a última participación do monfortino no Dakar na categoría de motos, pois está decidido a iniciar a sua aventura como copiloto de coches nos anos venideiros.
Pero este 2023 toca intentar repetir o logro de rematar a carreira. Eduardo Iglesias repetirá o dorsal do pasado ano na sua moto, o 38, e recentemente presentou ao seu equipo na Deputación de Lugo, un dos seus principais patrocinadores.
A institución provincial colabora co deportista de Monforte, cunha achega de preto de 15.000€ para promocionar a provincia e os 67 concellos no rally máis grande do mundo. A competición dsenvolverase dende o 31 de decembro ao 15 de xaneiro. A carreira percorrerá as dunas Arabia do noroeste ao sueste, empezando a beiras do Mar Vermello, o SeaCamp situado ao norte de Yeda. Sorte para o piloto monfortino. •
Últimas noticias sobre DEPORTES
O Club Quixós brillou no Campionato Galego de Slalom Olímpico e Kayak Cross. Noa Díaz, Sara
Necesitaba reforzos o Club Lemos, como resultaba evidente logo do irregular inicio ligueiro. E a fichaxe
Monforte acolleu o pasado domingo 15 de setembro a III Carreira e Andaina “Monforte en Marcha
A SD Sarriana comezou a tempada de Terceira RFEF cunha vitoria destacada ao impoñerse por 0-1
Moi mala sensación deixou á maltreita afección lemista o equipo de Juanlu Bernal despois do partido