Seguen incorporándose novos artistas e grupos ao xa atractivo cartel proposto polos organizadores da quinta edición do 17º Ribeira Sacra Festival. Aos xa confirmados Teenage Fanclub, The Excitements, Bronquio, Ale, Budiño&Novoa, Auto Sacramental e a viguesa e o francés do mesmo nome Dani, únense agora DePedro e Ian Key. Jairo Zavala, tras celebrar os seus 10 anos como Depedro, combina en 2021 a súa xira con banda eléctrica e o repertorio do seu disco “Todo va a salir bien”, coa xira “Érase una vez DePedro”, un espectáculo máis familiar. Pola súa parte, o talentoso compositor multiinstrumentista francés de orixe armenia, Ian Kay, chegará co seu álbum debut “Walk That Road Again”.•
Últimas noticias sobre CULTURA
Con ocasión do 150 aniversario da presenza dos Escolapios en Monforte, os alumnos do Conservatorio Adagio
O proxecto de igualdade do Concello de Sober, ‘Redes Lilas’, levou a cabo a súa cuarta
A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), baixo a Vicepresidencia da Deputación, anuncia a apertura do
A programación de activiades completarase coa presentación en Chantada, o 3 de maio, do último libro
O Festival 17º Ribeira Sacra xa deu a coñecer a algúns dos grupos que participarán na