Serán un total de 25 os centros educativos lucenses que se beneficiarán desta iniciativa, para a que a Consellería de Medio Rural destina unha partida de 12.000 euros. A Xunta outorga unha axuda por alumno e día lectivo para a distribución de froita fresca no recreo, durante períodos de cinco días lectivos consecutivos. A duración desta iniciativa virá determinada polo propio centro escolar, que elaborará a proposta. Os centros beneficiados por estas axudas no sur lucense son o IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, o CEIP de A Pobra do Brollón, o CPI Ramón Piñeiro de Láncara, o CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela, o CPI Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel, e o CPI Dr. López Suárez de O Saviñao.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou hoxe o miradoiro de Soutochao,
No encontro definíronse as primeiras liñas de actuación que se irán materializando en traballos de investigación
A ONG SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui) continúa coa súa labor de difusión do programa
O Mesón Ferreiriño alzouse co título de tapa gañadora no concurso Val de Quiroga de Tapas