Asinado o contrato para o Plan Director da Agrupación de Interese Económico Ribeira Sacra Next

No encontro definíronse as primeiras liñas de actuación que se irán materializando en traballos de investigación e definición conxunta das necesidades e obxectivos que darán lugar a un plan definitivo

Nun ambiente cargado de expectativas e compromiso, o Parador de Turismo de Monforte de Lemos foi o escenario do paso máis recente na concreción do Plan Director da Agrupación de Interese Económico Ribeira Sacra Next. O acto, celebrado este xoves 25 de abril, marcou un hito significativo no camiño cara ao desenvolvemento e fortalecemento do tecido empresarial e social da nosa comarca. A sinatura do contrato de asesoramento e asistencia técnica para a elaboración deste plan é o resultado dunha laboriosa xornada de colaboración e debate. Hace agora un mes, a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra convocaba un encontro para recoller propostas de cara á elaboración deste documento crucial. Universidades, empresas e institucións uníronse nun esforzo colectivo para definir as necesidades e obxectivos dos diferentes sectores empresariais da nosa contorna.
A partir das propostas presentadas polas Universidades da Coruña e Vigo-Ourense, un debate construtivo permitiu tomar a decisión de desenvolver o Plan Director. Este acordo non só representa un compromiso co progreso e a innovación, senón tamén un exemplo do poder da colaboración entre o sector privado e as institucións académicas. A importancia deste paso foi subliñada por figuras destacadas presentes no evento, como o Reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao Abad, quen expresou o seu orgullo por participar nun proxecto que une esforzos en prol dun obxectivo común. Manuel Dacosta Ribera, Presidente da Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra, destacou a relevancia da unión de todos os axentes implicados e fixo fincapé nos catro pilares fundamentais que sustentarán o Plan Director: o tecido empresarial, o territorio, a fixación de poboación e o papel da muller no emprendemento e na vida da contorna. Nesta xornada de sinatura, o grupo de traballo encargado de coordinar o plan, reuniuse coa Universidade da Coruña para perfilar as liñas xerais do documento. Este grupo, composto por líderes empresariais, profesionais do sector turístico e agrario, entre outros, ten como obxectivo garantir unha visión integral e inclusiva no proceso de elaboración do Plan Director.
O compromiso co impulso do territorio e a promoción do relevo xeracional quedou patente neste encontro, onde se fixaron as primeiras liñas de actuación que guiarán o proceso de investigación e definición dos obxectivos. A través dun traballo colaborativo e interdisciplinario, a nosa comarca avanza na consolidación dun futuro próspero e sustentable.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Semente de Monforte cumple dez anos impulsando o emprendemento

Seguinte Nova

Morcheeba, cabeza de cartel do Festival 17º Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss