Solidariedade Galega co Pobo Saharaui

SOGAPS (Solidaridade Galega co Pobo Saharaui) é unha ONG que traballa na pretensión da mellora das condicións de vida tanto dos refuxados sahaurauis coma da población residente no Sáhara
Occidental ocupado por Marrocos Foto SOGAPS.

A ONG SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui) continúa coa súa labor de difusión do programa de acollida «Vacacións en Paz 2024». Tras o éxito da primeira charla informativa celebrada o pasado 16 de marzo, a organización levou a cabo un novo encontro para o pasado venres 5 de abril ás 20:00 horas, no Centro Cívico do Malecón de Monforte. Este evento estivo dirixido tanto ás familias que xa mostraron interese no programa como ás que, por diferentes razóns, non puideron asistir á primeira sesión informativa. A intención era ofrecer a todos os interesados a oportunidade de coñecer en detalle o programa e resolver calquera dúbida que poida xurdir.
«Vacacións en Paz» é un proxecto solidario de acollida temporal de nenos e nenas saharauis durante os meses de xullo e agosto. Desde o ano 1991, Galicia ven participando nesta iniciativa, brindando ás familias saharauis a posibilidade de que os seus fillos desfruten dunha estancia enriquecedora baixo o coidado das familias acolledoras galegas. Maite Isla, presidenta de SOGAPS, foi a encargada de impartir esta charla, na que se ampliou a información sobre o programa e se resolveron as dúbidas das familias interesadas. Para máis información, pódese contactar con Alberto Pérez Galán, membro de SOGAPS Lugo sur, no teléfono 609536940 ou mediante correo electrónico a albertopgalan@gmail.com.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

PP de Monforte presenta alegacións para adaptar o regulamento da Escola Infantilá realidade local

Seguinte Nova

Celebrarase o XXXI Certame Municipal de Teatro en Monforte

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss