Apostando pola paisaxe: a Xunta mellora o miradoiro de Soutochao

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez e o Alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián no miradoiro de Soutochao. Foto GPXG.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou hoxe o miradoiro de Soutochao, no concello de Sober, unha das últimas actuacións en prol da mellora paisaxística da Ribeira Sacra. Este novo miradoiro, integrado nos Itinerarios de Interese Paisaxístico, ofrece unha vista privilexiada dos elementos arquitectónicos e naturais da contorna, así como dos bancais de vides que caracterizan esta zona. A conselleira destacou que a actuación busca dotar tanto á veciñanza como aos visitantes dun espazo onde apreciar os valores estéticos únicos desta paisaxe, ao tempo que se ofrece información sobre o itinerario de interese paisaxístico que parte desta parroquia.
Coa colaboración do Plan de Acción Estratéxico para a Ribeira Sacra, preto de 20.000 euros foron investidos na instalación de paneis informativos, bancos e aparca-bicicletas, así como no acondicionamento do aparcadoiro e a cobertura dos contedores.
Este proxecto insírese nun amplo plan de actuación ambiental e de ordenación do medio físico, cun orzamento de 4,5 millóns de euros, que beneficia a 30 concellos na zona. O investimento de 133.000 euros no trienio 2021-2023 incluíu diversas actuacións de acondicionamento e mellora, mobiliario, sinalización e plantacións de arboredos autóctonos.
A conselleira subliñou que as melloras abrangueron os dous itinerarios de interese paisaxístico, destacando a construción do miradoiro panorámico do Alto da Picota-Os Peares, no concello de Carballedo, que domina as vistas para as rutas 16 e 17 da Ribeira Sacra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Éxito da Mostra do Aceite de Quiroga

Seguinte Nova

Redes Lilas de Sober: deseño de «tote bags» feministas na Casa da Cultura

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: