Pendentes tan só da renovación das piscinas descubertas unha vez que o tempo mellore, o Concello de Chantada conseguiu este ano unha reducción de preto do 20% no gasto de gasóleo, grazas ás obras de renovación do sistema de calefacción realizadas na piscina climatizada. Obras que contaron cunha inversión de preto de 300.000 euros que foron aportados pola anterior Consellería de Industria, e o canon da Deputación de Lugo. Pola súa parte, a remodelación consistiu en instalar unha caldeira de biomasa xunto cunha serie de placas solares encargadas de xenerar calor e quentar así a auga. Coa súa posta en funcionamento conseguiuse un aforro en gasóleo superior ao 20 % en ditas instalacións.
Últimas noticias sobre DEPORTES
Quiroga recibía o pasado 7 de xuño a visita do emblemático ex-xogador brasileiro Ronaldo Nazario. Un
Monforte acollera este domingo 19 de xuño a derradeira proba da Copa Galicia Master, que chega
O equipo infantil masculino do Val de Lemos vén de proclamarse campión provincial logo de derrotar
O camiño ata Corea foi longo e custoso para os deportistas do Neka de Monforte, per
• A Vicepresidencia da Deputación financiou a viaxe a Corea dos deportistas do Neka Monforte Non