Convocatoria cultural e axudas por fillo menor en Monforte

A delegación de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Monforte xa convocou o 20o Certame Municipal de Teatro para centros de ensino da cidade, que se realizará entre o 27 de abril e o 25 de maio deste ano. Nel poderán participar todos os centros de ensino de Monforte representando unha soa obra, así como outras asociacións ou colectivos locais como invitados. O derradeiro día para realizar a inscrición é o 15 de marzo. Os premios consistirán nun diploma e unha placa para cada centro. Por outra parte, dende a concellería de Benestar Social tamén informaron de que xa está aberto o prazo para solicitar a concesión da prestación económica de pagamento único por fillo menor a cargo para o ano 2011. O prazo de presentación de solicitudes, que poderán facerse nos Servizos Sociais Municipais e no Centro de Información á Muller de Monforte, rematará o 25 de marzo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte seguirá a custodiar o legado histórico vinculado ao tren

Seguinte Nova

Aprobada a liquidación da Fundación Tor

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss