Novos pasos para o Museo Xeolóxico de Quiroga

Visita de Juan Ramón Vidal Romaní ao Museo Xeolóxico de Quiroga fai uns meses. CQ

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez Núñez, e o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja Pérez, asinaron fai uns días no Reitorado da Coruña un acordo de colaboración entre a Universidade da Coruña e o Concello de Quiroga. Este convenio asinouse para acadar a colaboración do Instituto Universitario de Xeoloxía “Isidro Parga Pondal”, encabezado polo seu director, Juan Ramón Vidal Romaní e a doutora Aurora Grandal d’Anglade, na posta en marcha do futuro Museo Xeolóxico de Quiroga.

PATRIMONIO XEOLÓXICO

O persoal do Instituto Universitario de Xeoloxía da Coruña visitou hai algún tempo o edificio construído para o museo, e amosaron a súa total disposición para colaborar nesta iniciativa pioneira en Galicia. Na actualidade, o Concello de Quiroga está a rematar a infraestrutura do edificio en función dos contidos cos que se dotará este centro. Así, estes contidos xiran ao redor do importante patrimonio xeolóxico e paleontolóxico da comarca quiroguesa, constituíndo unha temática singular e atractiva para dar a coñecer esta parte do patrimonio natural e, polo tanto, contribuír de xeito activo á súa protección. Pola súa banda, as instalacións do Museo serán o punto de partida para unha ruta xeolóxica que permitirá contemplar e entender sobre o propio terreo os principais elementos que constitúen as distintas salas temáticas nas que se articula.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Paz Padilla leerá o pregón da XXIX Feira do Viño de Quiroga e decidirá o modelo gañador do Concurso de Camisetas

Seguinte Nova

Curso de cata de viños galegos e viaxes ás feiras do viño

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss