Unha alumna do Río Cabe gana a Olimpiada Galega de Economía

A estudante do IES Río Cabe de Monforte, Lorena Noguerol Lois, de 17 anos de idade, ven de facerse co primeiro posto do que foi a terceira edición da Olimpiada Galega de Economía; unha cita que reúne a estudantes de 2º de Bacharelato de Galicia para medirse entre eles, e que este ano se celebrou na Facultade de Economía e Empresas da Universidade de A Coruña.

Lorena Noguerol Lois, alumna do IES Río Cabe, primeiro premio na III Olimpiada Galega de Economía. (Foto: IES Río Cabe)

Próximo reto en Castellón

Agora, os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo, Lorena competirá en Castellón co resto de gañadores de España. Pero de momento xa conseguiu librarse de pagar a matrícula do primeiro ano de Economía ou Administración e Dirección de Empresas, o que ela prefira. Cabe destacar que esta alumna é un claro exemplo a seguir, ao igual que a súa compañeira de instituto, Olalla Díaz Parada, quen tamén se presentou á mesma proba.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ideas emprendedoras: O IES Daviña Rey entrega os premios ‘José Luis Losada’

Seguinte Nova

O Festival do Castro de Pantón será o vindeiro día 20 de agosto

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: