Deputación e goberno local acordan desbloquear o proxecto da piscina cuberta de Sarria

O Presidente da Deputación provincial, José Ramón Gómez Besteiro, recalcou trala reunión mantida recentemente co Alcalde sarriano, José Antonio García, “que o municipio non perde os 1,5 millóns de euros que o organismo provincial consignou para ofrecer ós veciños un servizo polo que levan esperando dende hai 20 anos como é a piscina cuberta”. Besteiro anuncioulle ao rexedor que a institución “fará un novo esforzo económico” e asumirá o 80% do sobrecuste das obras da modificación do proxecto, co que quedaría desbloqueada a súa execución. Ambos mandatarios non pecharon futuras melloras, xa que, segundo indicaron dende o organismo provincial o prioritario é reiniciar as obras da piscina cuberta, cumprindo co convenio asinado e mantendo o investimento en Sarria.

A obra adxudicouse o 25 de marzo deste ano en 1.535.422,50 euros, polo que quedou un remanente de 264.575 euros. Segundo o proxecto rexistrado no Concello pola dirección técnica da obra, o incremento con respecto ó custe inicial derivado da modificación do proxecto é de 307.084,5 euros.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Novos premios por mercar en Chantada e acudir á Feira de Reis

Seguinte Nova

O ‘Tapicheo’ xa ten gañadores en Sarria

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss