O CCA de Chantada quere impulsar a famosa feira de Reis que se celebra na vila cada 5 de xaneiro cunha nova campaña de fomento das compras na vila, despois da Campaña de Nadal. Así, do 2 ao 5 de xaneiro os tickets de compra conseguidos nos establecementos asociados cambiaranse por rifas para un sorteo que se celebrará o día da Feira de Reis.Será unha campaña moi similar á que levou a cabo recentemente na vila do Asma a Federación Galega de Comercio, e tamén haberá animación nas rúas con zancudos e panxoliñas. O sorteo destas rifas terá lugar despois da Cabalgata de Reis na Casa da Cultura, rifaránse 10 vales de 50 euros para mercar no comercio asociado e dous de 250 euros. En total, a asociación de comerciantes inviste 1000 euros en premios. Tradicionalmente a feira do día 5 de xaneiro en Chantada foi un día especial para a actividade económica e o comercio da vila.Con esta iniciativa, o CCA pretende recuperar o esplendor desta cita.