“A exitosa incorporación de aerobikes vai na liña das recentes actuacións encamiñadas a ofrecer máis e mellor servizo”
• Nos pasados días a piscina municipal de Monforte levou a cabo unha serie de incorporacións para reforzar a súa oferta deportiva. ¿Cales son estas novidades e que pretenden?
Dende principios de xaneiro abrimos tres grupos de Aerobike, que son actividades dirixidas de ciclismo indoor con música e asistidos por un monitor. Os horarios son matinais, os luns e mércores de 10:30 a 11:30, e os martes e xoves de tarde, de 19:30 horas a 20:30 e de 21:00 a 22:00 horas. O martes 17 de xaneiro comenzaremos tamén o programa “En Forma” exclusivo e gratuito para abonados do centro deportivo, consistentes en sesións de media hora de tonificación e estiramentos dirixidos. Esta actividade terá un horario de martes, xoves e venres de 10:30 a 11:00 horas e de 11:45 a 12:15.
Dende mediados de 2011, a nova empresa encargada deste servizo municipal, o Grupo Pazos, acometeu unha serie de melloras encamiñadas a facer deste un centro deportivo de referencia e calidade para os veciños da comarca. ¿Cales foron estas actuacións e cal é a nova filosofía do complexo deportivo da piscina climatizada?
A filosofía da empresa é a de dar o mellor servizo posible tendo en conta as posibilidades do centro deportivo. É unha instalación moi completa, contando con vaso para nadar, vaso de iniciación, vaso de hidromasaxe, saunas masculina e feminina, sala de musculación e sala de actividades dirixidas. As melloras que se incluiron dende o comenzo da xestión de Grupo Pazos Salud y Ocio S.A. foron moi variadas. Por exemplo, no tocante á zona dos vasos realizouse a substitución das corcheras, substitución da climatizadora, modificación do circuito de depuración do vaso grande e incorporación no sistema de depuración nos vasos pequenos e hidromasaxe de células de ultravioleta para a desinfección da auga. Tamén se substituiron as dúas saunas por completo. En canto á sala de musculación e actividades dirixidas, cambiouse por completo a maquinaria, incorporando ademáis dúas cintas máis, dous ergómetros de última xeneración. Tamén se procedeu á instalación dunha climatización para conseguir un maior confort dentro da sala para os usuarios. Ademáis, pintouse toda a sala e incorporouse material diverso, como balóns de Fitball e bicicletas de ciclo indoor para as novas sesións, entre outras melloras.
¿Cal é o balance das clases promocionais gratuitas de aerobikes que se levaron a cabo en decembro?
O balance é moi positivo, xa que pola promoción para coñecer a actividade pasaron 120 usuarios (foron 12 sesións con 10 prazas por sesión) co obxetivo de que poidesen coñecela o maior número de usuarios posible. A día de hoxe, os tres grupos que se ofertaron están completos.
A práctica do deporte é unha actividade cada vez máis extendida entre os diversos grupos de poboación, pero ¿ cal é o perfil do usuario da piscina climatizada e do ximnasio?
O perfil é moi variado, tendo en conta que o noso centro deportivo conta co servizo de piscina e sala. Temos usuarios dende os 6 meses de idade que se incorporan aos cursos de bebés, ata usuarios de preto de 80 anos. Principalmente, os nenos e os maiores utilizan a zona da piscina, os usuarios máis novos decántanse máis pola sala de fitness e actividades dirixidas, e os de mediana idade (entre os 25 e 50 anos) indistintamente por piscina e fitness.
Dende o seu papel de responsable deste complexo e monitor deportivo, ¿como animaría aos veciños á práctica do deporte en xeral e a optar polos servizos da piscina en particular?
Xa non como responsable dun centro deportivo, senón como persoa que practicou deporte dende sempre, os beneficios do exercicio físico, independentemente da actividade que sexa, sempre son aconsellables para a nosa saúde, a nivel muscular e cardiorrespiratorio. Moitas das lesións que se producen no día a día nas persoas son debidas a unha falta de tono muscular polo sendentarismo no que está inmersa a nosa sociedade. Por outro lado, está a mellora no control da respiración e das capacidades cardíacas e circulatorias a través dun traballo de resistencia. As nosas instalacións teñen a vantaxe das diversas posibilidades de exercicio, dende rutinas na sala de musculación verificadas por monitores especializados, actividades dirixidas, actividades e espazos relaxantes e enfocados á saúde (saunas e hidromasaxe) ou aprendizaxe da natación e mellora dos estilos.
A natación é un deporte completo xa que se exercita todo o corpo ao mesmo tempo e o físico non sofre muscularmente como si se fai carreira a pé ou outro deporte, debido a que o exercicio na auga no ten impacto muscular. Ademáis, ao realizarse un traballo en posición horizontal mellora o traballo cardiovascular e respiratorio ao traballarse nun medio ó que hai que adaptar a respiración ao exercicio.
Outras novidades deste complexo
Dentro de todo o traballo de mellora dos servicios e das instalacións, resta por optimizar o control de acceso aos distintos espacios do centro. Previsiblemente, co novo ano instalarase un sistema por tarxetas (de banda magnética ou proximidade) para facilitar a entrada de abonados e ter un control de acceso aos distintos espacios do centro. Ademáis, o novo plantexamento posibilitará realizar estudios de ocupación dos distintos servicios por franxas horarias, tendo un mellor coñecemento de cando os espacios están libres ou cando teñen horas punta de ocupación. Para completar todas as posibilidades que ofrecen as novas instalacións da Piscina Municipal de Monforte e con vistas aos bos propósitos de ano novo, lévase a cabo a campaña “Regálate Saúde”, que pretende fomentar a práctica do deporte entre a cidadanía e que supón unha promoción pola que usuarios en activo poden regalar a matrícula a amigos ou familiares, tendo, únicamente, que solicitar a matrícula na recepción do centro.