Comeza este mes o XXI Certame Municipal de Teatro para centros de ensino

O próximo 24 de abril comezarán as postas en escea correspondentes ao XXI Certame Municipal de Teatro para centros de ensino, que convoca unha vez máis o Concello de Monforte. As oito representacións previstas dentro do programa deste Certame terán lugar a partir das 20,00 horas na Casa da Cultura da cidade do Cabe.

REPRESENTACIÓNS NO MES DE ABRIL

A primeira das representacións correrá a cargo do grupo do CEIP A Gándara, que porá en escea a obra “Os “wachi wachi” buscan fogar”, o martes 24 de abril. O mércores 25 de abril, o grupo do Colexio Ferroviario levará á escea a obra “O mandamais, máis, máis … e as súas máquinas pitipitroncas”. Pola súa parte, o venres 27 de abril o grupo que representa á Fundación Educativa Torre de Lemos competirá coa obra “A pousadeira”.

MES DE MAIO

Xa no mes de maio, o grupo procedente do IES A Pinguela levará á escea a obra “Os crímenes de Lord Artur”, o xoves 3 de maio. Pola súa parte, “Un tolo e máxico camiño” será o título da obra que representará o grupo do Colexio Novo, o venres día 4. O Centro Infanta Elena representará “Si quieres ser jurado ven documentado”, o xoves 10 de maio. Ademáis, participarán como asociacións invitadas Prodeme, que representará “Ao final da corda” o día 2, e a ANPA A Lagoa, coa obra “O caracoliño fachendoso” o día 7. A entrega de premios será o día 10 no colexio Infanta Elena.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte reviveu na volta ao pasado medieval

Seguinte Nova

O Punto Limpo de Monforte retoma o horario habitual

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss