Esta acción formativa, que se desenvolverá ata o mes de outubro, intégrase no proxecto teatral Buxiganga, promovido pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, que trata de promover o teatro afeccionado a través da formación, a promoción e o estímulo á actividade teatral. O obxectivo deste curso, maiormente práctico, é o achegamento do alumnado ao feito teatral dende o xogo. Desde os aspectos básicos da figura do “Clown”, como a inocencia, a sensibilidade, a tenrura, os participantes han de buscar en si mesmos o pallaso que levan dentro, e farán unha equipa de traballo buscando o divertimento e a creación colectiva. Analizaranse tamén aspectos como o desbloqueo, a desinhibición, a linguaxe dramática, a expresión corporal e a comunicación co público a través de xogos dramáticos e de improvisación.
Últimas noticias sobre CULTURA
• O mestre do desenfoque do cotidiano, vén de impartir un taller fotográfico no Sacra Forma
• Poden solicitalas os espazos privados de exhibición musical para a contratación de actuacións ata o
• Celebrarase dende o mércores día 6 ata o domingo 10 de xullo e o festival
• Por primeira vez haberá unha inxección económica directa de 1,2 millóns de euros , especificamente
O XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e organizado polo