Pantón, capital do golf europeo feminino do circuíto profesional

As probas disputaranse do 1 ó 5 de maio, e terán cobertura mediática internacional

Pantón comeza o mes de maio como capital do golf profesional, xa que as instalacións do complexo Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort acollen dende o día 1 ata o 3 de maio as probas do circuíto Ocho Golf Ladies Open Galicia 2013. Según os responsables do complexo lúdico-deportivo, este torneo suporá “a semana de golf máis importante en Galicia durante este ano”, e estiman que esta celebración “axudará a Galicia a posicionarse e codearse cos mellores destinos de turismo de golf do mundo”.

As instalacións do complexo Oca Augasantas Balneario & Golf Resort acollerán dende o 1 de maio a proba de circuíto profesional de golf europeo Ocho Golf Ladies Open Galicia 2013. Arquivo EC.

FOMENTO DO GOLF FEMININO A NIVEL EUROPEO

O torneo Ocho Golf Ladies Open Galicia 2013 está patrocinao pola marca de roupa deportiva Ocho Golf, Reale Seguros, Real Federación Española de Golf e Federación Galega de Golf, e promovido por Jorge López Blanco, da empresa The Brand Show Company. O obxectivo deste evento é apoiar o golf feminino profesional, e conta con premios por valor total de 35.000 euros. Asimesmo, diferentes institucións ofreceron o seu apoio a esta iniciativa, como o Concello de Pantón, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Deputación de Lugo, Secretaría Xeral para o Deporte e Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia. Neste sentido, está habilitado un dispositivo formado por 70 voluntarios que dende o 29 de abril ata o 5 de maio contribuirán á boa marcha do torneo.

MÁIS DUN CENTO DE PARTICIPANTES PROCEDENTES DE VINTECATRO PAÍSES

O torneo Ocho Golf Ladies Open Galicia 2013 contará coa participación de 108 xogadoras profesionais procedentes de vintecatro países, que disputarán o seu acceso ó Circuíto Europeo Feminino. A celebración deste importante torneo en Pantón complementouse coa disputa previa, na fin de semana do 27 ó 28 de abril, do Torneo Previo Ocho Golf, que premiou ós tres primeiros clasificados por categoría e ó gañador scratch con trofeos, material deportivo e a clasificación para o ProAm que se disputará os días 4 e 5 de maio. Esta última competición conta coa presencia de golfistas invitadas de México e Perú, e onde as xogadoras amateurs poderán formar equipo coas profesionais.

A CADENA MEXICANA TELEVISA E A ESTADOUNIDENSE GOLF CHANNEL CUBRIRÁN O EVENTO DE AUGAS SANTAS

Según informaron dende a organización do torneo, o Ocho Golf Ladies Open Galicia 2013 contará cunha excepcional cobertura mediática, xa que as probas serán retransmitidas por diversos canais de televisión internacionais como a mexicana Televisa ou a estadounidense Golf Channel.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte acolleu este ano a entrega dos premios Irmandade do Libro

Seguinte Nova

Escaparate solidario para o deseño e a artesanía lucenses

Últimas noticias sobre DEPORTES

Novo ciclo para o Club Lemos

O Club Lemos estrea directiva con Antonio López como Presidente. Unha das súas primeiras decisións foi nomear a Óscar Moure como Director
Ir aInicio