Logo da auditoría realizada neste centro de ensino, a empresa AENOR renovou o certificado que acredita o sistema de xestión da calidade deste instituto monfortino. Dende a dirección do centro manifestaron a súa satisfacción pola participación nun sistema “que permite a toda a comunidade educativa da nosa comarca confiar en que os procedementos que se están a seguir no centro so nos sinalados pola lexislación, implementando os mecanismos necesarios para acadar día a día a mellora continua”. O equipo directivo do IES A Pinguela expresou asimesmo o seu agradecemento a todo o persoal do centro “polo esforzo que supón manter un sistema como o UNE-EN ISO 9001:2008, polo seu alto grado de dispoñibilidade, colaboración e vocación”.
Últimas noticias sobre CULTURA
Con este título, a fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, mostra na Casa de Cultura Lois Pereiro
A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, hoxe sede da Oficina Municipal de Turismo, abriu as súas
Adrián Enríquez presentou o seu libro ‘Despertar en la oscuridad’ en Bóveda este sábado, nun evento
Terán lugar os días 6 e 7 de maio, e supoñen un punto de encontro entre