Investimentos autonómicos en Pantón

•As actuacións da Xunta van destinadas á mellora dos servizos e do patrimonio monumental •Sae a licitación as obras para reparar a cuberta de madeira do Mosteiro de Ferreira, por importe de 100.000 euros •Comezan as obras de mellora da rede de saneamento de Eiré, por máis de 335.000 euros, e que estarán rematadas a primeiros de ano

O proxecto da Xunta de reparar a cuberta de madeira do Mosteiro das Bernardas suporá unha importante mellora na conservación do conxunto monumental de Ferreira. Arquivo EC.

Os recentes investimentos que a Xunta de Galicia destinou ó Concello de Pantón están a tomar forma, co obxectivo de mellorar tanto os servizos como o patrimonio vinculado ó municipio. A mediados deste mes, dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anunciaron o comezo das obras de mellora da rede de saneamento da parroquia de Eiré, e días despois, a Dirección Xeral de Patrimonio comunicaba o inicio do trámite para a licitación do proxecto de reparación da cuberta do Mosteiro das Bernardas de Pantón.

IMPORTANTES INVESTIMENTOS

Estas dúas actuacións, moi esperadas no municipio, supoñen un investimento importante por parte da Xunta de Galicia para un concello das características de Pantón. No tocante ás intervencións no saneamento do núcleo de Eiré, o investimento acada os 335.074,29 euros, mentres que o proxecto de actuación no Mosteiro de Ferreira ascende ós 98.603 euros.

MELLORA DA CALIDADE AMBIENTAL DA VILA DE PANTÓN

A obra de mellora da rede de saneamento de Eiré, que a Consellería realizará a través de Augas de Galicia, suporá unha mellorar na optimización do funcionamento da depuradora de Eiré e, ao mesmo tempo, facilitará un incremento da calidade ambiental da vila, según explicou a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

CARACTERÍSTICAS DAS MELLORAS NO SERVIZO EN EIRÉ

Según explicaron os responsables desta actuación, o proxecto en si vai a permitir conectar a depuradora de Eiré co núcleo de O Barrio, dotando a esta zona, que non dispón de rede de saneamento, dunha rede de sumidoiros. No proxecto prevese a execución dunha rede separativa de augas residuais en Barrio e a realización dun colector xeral que leve as augas residuais á depuradora. Así mesmo, procederase á reposición da rede de abastecemento. A obra permitirá dotar dunha rede de colectores de augas residuais á práctica totalidade do núcleo de O Barrio, empregando para elo tubaxes de PVC. O ramal principal vai dende as inmediacións da igrexa parroquial ata a depuradora existente. Nesta rede inclúense máis de medio cento de pozos de rexistro. Polo que respecta á rede de abastecemento de augas, realizarase a reposición da mesma no propio núcleo do Barrio, para o que está previsto actuar nun treito de un quilómetro de lonxitude. Asimesmo, levarase a cabo unha rede de pluviais, colocando máis 20 sumidoiros con este fin.

“COMPROMISO DA XUNTA CO SUR DE LUGO”

Esta actuación da Xunta en Pantón, e que se prevé estea rematada para comezos do vindeiro ano, foi destacada por Raquel Arias, quen sinalou “a sensibilidade amosada pola Xunta de Galicia coa zona sur e con Pantón”. Arias puntualizou que “este proxecto é unha mostra do firme compromiso que o Executivo galego ten co saneamento dos nosos concellos, para contar cun bo estado ambiental das súas augas”.

100.000 EUROS PARA FREAR AS FILTRACIÓNS DE HUMIDADE QUE DETERIORAN O CONXUNTO MONUMENTAL DE FERREIRA

Outra das actuacións importantes da Xunta en Pantón ten que ver coa conservación do patrimonio monumental. Nestes días, a Dirección Xeral de Patrimonio anunciou a saída a licitación dos traballos de reparación da cuberta do Mosteiro das Bernardas de Ferreira. O proxecto acometerá a substitución da cubrición da construción e a reparación da estrutura de madeira da cuberta da mesma. O obxectivo é frear o deterioro do monumento polas filtracións de humidades que afectan ao interior da edificiación. As obras teñen un prazo de execución previsto de arredor de tres meses, a partir do inicio dos traballos. Hai que destacar que o Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón, con máis de dez séculos de historia, está declarado Ben de Interese Cultural (BIC), e aínda hoxe mantense como o único mosteiro cisterciense feminino de Galicia.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pulo ó turismo desestacional en Monforte

Seguinte Nova

Sacan a concurso a concesión dos clubes náuticos de Doade, Belesar Presa e Portomarín

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: