A atleta monfortina prosigue a súa carreira de éxitos

•A atleta de Monforte Saleta Fernández, agora nas filas do club Ría de Ferrol, acadou a medalla de ouro do Campionato Galego de Atletismo xuvenil e junior en pista cuberta, na modalidade de salto de altura, celebrado en A Coruña o pasado 8 de febreiro. Fernández alzouse co primeiro posto na categoría xuvenil cunha marca de 1,73 metros, en clara vantaxe respecto das súas compañeiras de podio, Paula Iglesias, do club Riazor Coruña, que conseguiu a prata cun salto de 1,53 metros, e Elvira Okutu, do club S.G.Pontevedra, que levou o bronce polo seu salto de 1,40 metros. Na mesma xornada, batíronse en Riazor tres records galegos, en 3.000 metros feminino, 1500 masculino, e 50 metros valados masculino, os dous últimos de man de dous lucenses, Miguel González, do Lucus, e Miguel Pérez.•