ALUMNADO DA CIDADE ITALIANA DE NOVARA REALIZARON UN INTERCAMBIO CULTURAL EN MONFORTE.

Foto de grupo dos alumnos e alumnas participantes no intercambio educativo en Monforte. (Foto cedida).
Foto de grupo dos alumnos e alumnas participantes no intercambio educativo en Monforte. (Foto cedida).

O alumnado de 1º de Bacharelato do IES A Pinguela participou nunha actividade de intercambio co alumnado do IIS Pascal di Romentino, da cidade italiana de Novara. A comitiva italiana arribou en Monforte o pasado día 5, onde foi recibida polos compañeiros monfortinos e das familias de acollida. Ó día seguinte, os alumnos e alumnas italianos integráronse na dinámica do IES A Pinguela, e realizaron unha visita guiada por Monforte, cun guía da Oficina de Turismo, e pola tarde os seus compañeiros españois servíronlles de guías improvisados pola cidade do Cabe. O venres 7 viaxaron á capital provincial, onde coñeceron o seu pasado romano, e a fin de semana adicárona á convivencia coas súas familias de acollida. Na semana siguiente realizaron diversas excursións a Ourense, para coñecer a súa cultura patrimonial e termal, e a Santiago de Compostela, onde visitaron diversos puntos de interés cultural da capital xacobea. O mércores 12, e antes do regreso a Italia, foi un día de traballo no instituto A Pinguela, e como fin de festa, o alumnado italiano participou nunha comida campestre en Cadeiras, con ruta de sendeirismo incluída. Un grupo de 23 alumnos e alumnas do IES A Pinguela devolveranlles a visita entre os días 9 e 16 de abril. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Antón Valcarce presentou o seu último libro na Biblioteca de Sober

Seguinte Nova

MONFORTE CELEBRARÁ O MERCADO “MULLER CREATIVA” OS DÍAS 29 E 30 DE MARZO

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss