Rock in Globo traerá a Chantada o mellor do rock local o 19 de abril

O festival itinerante Rock in Globo abrirá o seu percorrido por Galicia en Chantada o 19 de abril no entorno do Mercado Gandeiro. A nova iniciativa musical arrincará co actuación como cabeza de cartel do grupo extremeño Sinkope e o andaluz Poncho K. O evento conta tamén coa actuación dos grupos galegos Mitocondrias, de Ourense, Susue Q’s de Rodeiro, Crazy Mama, de Arzúa, e Atmósfera Zero, de Lalín. Os asistentes ó Rock in Globo participarán no sorteo dunha viaxe en globo, idea que dá nome a este singular evento. A entrada para o Rock in Globo ten un prezo de 7 euros en venda anticipada, nos locais Lusco Fusco de A Barrela, Café Capitol de Chantada, Cervecería Cheers de Chantada, Tienda Trasar, Bar Roxo de A Tolda, Panadería Cambeu, Café Bar Hermida de Ourense, e Bar 1984 de A Peroxa. O prezo da entrada en taquilla será de 10 euros. O evento ten un aforo limitado a 5.000 persoas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A ACTRIZ VILALBESA CRISTINA CASTAÑO, PREGOEIRA DA XXXII FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

Seguinte Nova

600.000 euros en axudas da Xunta para a modernización da maquinaria en réxime asociativo das explotacións agrarias de Lugo

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: