
O programa “Ler conta moito”, promovido pola Consellería de Cultura, Eduación e Ordenación Universitaria, chegou a Monforte cunha actividade organizada o pasado 4 de abril polo Concello de Monforte e o departamento autonómico. O grupo de animación Xanela Ocio representou na sala infantil da Biblioteca Municipal os “Contos ao revés”, unha historia que deu a volta ós contos tradicionais co obxectivo de fomentar o respecto e a igualdade entre os máis cativos. Un nutrido público formado por preto de medio centenar de rapaces e rapazas disfrutou con esta actividade. •