O Concello de Sober completa a súa oferta de material turístico cun novo folleto sobre a Ruta do Románico
A riqueza patrimonial e cultural de Sober conta cun novo elemento promocional dispoñible para os visitantes. Trátase dun folleto turístico editado a comezos deste mes polo Concello de Sober, onde se ofrece información pormenorizada sobre a Ruta do Románico neste municipio.
CÓMO CHEGAR E QUÉ VER EN CADA PUNTO DA RUTA
A publicación ofrece, a todo color, un mapa-roteiro coa localización dos puntos de interés desta ruta, ademais de fotografías de cada unha das igrexas que integran este legado patrimonial. San Xulián de Lobios, San Vicente de Pinol, Santa María de Bolmente, Santa María de Proendos ou Santa María de Canaval son as igrexas que integran a Ruta do Románico de Sober, un itinerario completo para coñecer as creacións arquitectónicas e artísticas dos séculos XII e XIII que se conservan neste municipio. Ademais da localización e a iconografía destes edificios, o folleto editado polo Concello de Sober recolle unha ficha cos datos máis significativos de cada un deles, así como unha referencia a outros elementos artísticos como a pía bautismal de Santa María de Amandi, o canzorro de Santo Estevo de Anllo, as pedras canteiras de Santo Estevo de Refoxo, e os vestixios románicos presentes no Palacio de Sober.