Bendilló ensalza o aceite de Quiroga

 A XIV Mostra do Aceite de Quiroga, irmandada este ano coa Festa do Chicharrón de Foz

 

O muíño de aceite de Bendilló segue a atraer numeroso público, curioso por coñecer o funcionamento deste enxeño tradicional, e por degustar a calidade do aceite producido en Quiroga. Arquivo EC.
O muíño de aceite de Bendilló segue a atraer numeroso público, curioso por coñecer o funcionamento deste enxeño tradicional, e por degustar a calidade do aceite producido en Quiroga. Arquivo EC.

O 18 de maio celebrarase en Bendilló a XIV Mostra do Aceite de Quiroga, declarada Festa de Interese Turístico e deseñada para exaltar a calidade e a singularidade do aceite producido nas terras quiroguesas.

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE PAULO NOGUEIRA O SÁBADO ÁS 13 HORAS
A importancia deste produto na cultura e nas tradicións de Quiroga remárcase cada ano no programa de actos da Mostra, que nesta edición inclúe a presentación do libro “A Freguesía Rural de Santa María de Bendilló”, de Paulo Nogueira Santiago, o sábado 17 de maio ás 13 horas no Salón de Sesións do Concello de Quiroga.

VISITAS GUIADAS Ó OLIVAR DE BENDOLLO NA MAÑÁ DO DOMINGO
Xa o domingo 18 de maio, abrirase a Mostra en Bendilló ás 11 da mañá, e media hora máis tarde porase en funcionamento o muíño de aceite, para amosar durante todo o día o proceso de elaboración tradicional deste produto. Ás doce menos cuarto realizarase unha visita guiada ó olivar de Bendollo, cun servizo de autobús por 5 euros. Haberá unha segunda visita guiada ás 13, 30 horas, co mesmo prezo.
Ás doce do mediodía comezará a cata dos aceites participantes na mostra, no interior da Capela das Farrapas do recinto feiral. A música tradicional acompañará dende a unha e cuarto, coa actuación do grupo de danzas Arume da Queiruga, o grupo de gaitas O Recanto de Quiroga, e a banda de gaitas San Martiño de Quiroga.
Veciños e visitantes poderán adquirir produtos tradicionais da zona nos postos de venda e exposición, e degustar a gastronomía local no servizo de pulpo á feira e churrasco instalado no recinto feiral.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As feiras do viño de Amandi e Quiroga congregaron numeroso público

Seguinte Nova

Letras Galegas 2014: Galicia homenaxea ó poeta de Guitiriz Xosé María Díaz Castro

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: