A praia fluvial de A Pobra do Brollón e o embalse de O Incio acollerán actividades acuáticas do programa Lugoteando

•A cita en O Incio será o 16 de agosto, e o día 17 en Brollón •Hai 100 prazas en cada municipio, e son totalmente gratuítas •A inscrición farase a través da web www.deputacionlugo.gal, e se quedaran prazas libres, tamén no lugar de celebración antes de que comecen as actividades

A quinta edición do programa Lugoteando, que organiza a Deputación ó longo do mes de agosto, ofrece este ano 800 prazas en oito concellos da provincia para disfrutar de actividades acuáticas e en contacto coa natureza. Arquivo EC.
A quinta edición do programa Lugoteando, que organiza a Deputación ó longo do mes de agosto, ofrece este ano 800 prazas en oito concellos da provincia para disfrutar de actividades acuáticas e en contacto coa natureza. Arquivo EC.

• A cita co ocio medioambiental vén da man do programa Lugoteando, unha iniciativa da Deputación de Lugo que este ano acada a súa quinta edición, ofrecendo unha opción lúdica e deportiva para todos os públicos, aproveitando os recursos naturais de cada zona.

ACTIVIDADES POLA MAÑÁ E POLA TARDE
A programación comezou o pasado 9 de agosto en O Valadouro, polos concellos de O Incio, A Pobra do Brollón, Burela, Guitiriz, Vilalba, A Fonsagrada e a cidade de Lugo. Os escenarios das actividades de Lugoteando na zona sur serán o entorno do embalse en O Incio, o sábado 16 de agosto, e a praia fluvial de A Pobra do Brollón, o domingo 17. As actividades, totalmente gratuítas, desenvolveranse en horario de mañá e tarde, de once da mañá ata as dúas, para continuar dende as catro ata as sete da tarde.

SURF, SEA SCOOTER, PASEOS EN CANOA OU PATINETES A PEDAL, ENTRE OUTRAS ACTIVIDADES
En toda a provincia, o programa Lugoteando ofrece 800 prazas, cen por cada concello participante, para desenvolver unha serie de actividades terrestres ou acuáticas, dependendo das posibilidades lúdicas e deportivas da contorna medioambiental dos municipios. En O Incio e A Pobra do Brollón, as actividades deseñadas serán acuáticas, coa posibilidade de facer surf, ou probar o sea scooter, que consiste nun pequeno motor con hélices que permite mergullarse con facilidade. Ademais, os participantes poderán subirse ás bananas acuáticas, dar paseos en canoa ou experimentar cos patinetes acuáticos a pedal.
Os interesados en participar nas actividades do programa Lugoteando deberán inscribirse a través da web www.deputacionlugo.gal, na que deberán cubrir un sinxelo formulario. Os menores de idade terán que presentar unha autorización asinada polos pais ou titores, que se poden descargar na web. No caso de que queden prazas libres, os interesados poderanse anotar no propio lugar de celebración antes de que comecen as actividades.

OCIO MEDIAMBIENTAL
O programa Lugoteando foi posto en marcha hai cinco anos pola Deputación de Lugo, cofinanciado ó 80% con fondos europeos a través do programa Lug02, co obxectivo de potenciar o ocio medioambiental como factor xerador de riqueza na nosa provincia. As convocatorias anteriores acadaron unha participación de preto de 4.000 persoas procedentes de toda a provincia de Lugo e doutros puntos de Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober renova a imaxe do anfiteatro da Praza do Toural

Seguinte Nova

Conta atrás para o Festival do Castro

Últimas noticias sobre DEPORTES

   
A %d blogueros les gusta esto: