O 15 de setembro comezan en Monforte as actividades socioculturais e de envellecemento activo para maiores de 60 anos

•A mediados deste mes darán comezo as diversas actividades socioculturais e de envellecemento activo, organizadas pola concellería de Benestar Social do Concello de Monforte, contando co financiamento da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. O programa, que se iniciará o 15 de setembro, inclúe actividades moi diversas, dende o exercicio físico á saúde psicosocial, pasando polo ocio e as novas tecnoloxías.
Este amplo abano de actividades van dirixidas ás persoas maiores de 60 anos, co obxectivo de favorecer un envellecemento activo.

CALENDARIO DAS ACTIVIDADES
O luns 15 de setembro comezarán as actividades de xerontoximnasia, cerámica, teatro e pintura, que se desenvolverán ata o 15 de decembro. Na mesma data iniciarase a actividade de informática, que se prolongará ata o 11 de decembro.
O 16 de setembro iniciaranse as sesións de ximnasia acuática, fotografía, memoria e bailes de salón, e rematarán o 11 de decembro. Pola súa banda, a actividade de risoterapia comezará o 17 de setembro
Por último, dende o 19 de setembro ata o 12 de decembro desenvolveranse as actividades de inglés, e relaxación e benestar.

ACTIVIDADES DOUS DÍAS Á SEMANA, OU NUNHA ÚNICA XORNADA SEMANAL
Todas as actividades contarán con dúas sesións á semana, agás cerámica, risoterapia, bailes de salón, relaxación e benestar, e inglés, cunha única sesión semanal.
O salón de actos da Casa da Cultura acollerá as actividades de teatro, risoterapia, e bailes de salón, e a aula da UNED, situada no mesmo edificio, será a sede da actividade de memoria. Na piscina municipal celebrarase a actividade de ximnasia acuática, e no Edificio Multiusos a de cerámica.
O Centro Dogma, na rúa Hortas, acollerá a xerontoximnasia e a actividade de relaxación e benestar. ProwerPC, na rúa Otero Pedraio, será o lugar do curso de informática. Nas Galerías San Antón local 5 terá lugar a actividade de inglés, e as de fotografía e pintura na rúa Doctor Casares 94 baixo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

PROHIBIDAS ATA O 30 DE SETEMBRO AS QUEIMAS DE RESTOS AGRÍCOLAS E FORESTAIS

Seguinte Nova

Os participantes na campaña «Máis que comercio!» en Sarria premiaron a Calzados Gayoso

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss