A Deputación de Lugo leva máis dun ano esperando pola documentación que debe presentar o Concello de Sarria para poder comezar coas obras da piscina cuberta deste municipio lucense. O organismo provincial enviou ata en catro ocasións escritos ao municipio sarriano, entre novembro de 2013 e maio de 2014, e lamenta que o Concello non dera resposta. As solicitudes estaban referidas a certificacións sobre medicións, modificacións das melloras de obra ou a xustificación da execución do Plan de Comunicación, entre outros. Ademais, a Deputación informou ao Concello que, unha vez enviada toda a documentación requirida, é preciso que facilite o acceso ao lugar das obras a fin de realizar as comprobacións necesarias, e fixara unha data para a recepción e entrega destas obras. Dende o organismo provincial piden a «máxima axilidade» ao Concello para poder rematar esta actuación.•
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
O presidente, José Tomé Roca, comprobou o avance dos traballos na LU-P-0901 entre os quilómetros 8,3
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un novo investimento que supera os 800.000€
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de presentar nunha rolda de prensa o anteproxecto
A Xunta de Galicia anunciou que, nas próximas semanas, iniciarán as obras de restauración do claustro