• A Consellería de Cultura destina 254.000 euros á rehabilitación da igrexa de San Salvador de Sarria

Estas obras, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, xa están en marcha, cun prazo de execución de 6 meses. Os traballos céntranse no exterior do templo. Substituirase a totalidade da cuberta da igrexa, pola que entraba auga ao interior, por unha nova de lousa, e repararanse os danos destas filtracións sobre os acabados interiores e a estrutura de madeira, ao tempo que se elimina o falso teito, para que o espazo final resultante recupere a formalización orixinal do templo. Está previsto o tratamento e restauración das fachadas e dos elementos de carpintería singulares. Ademais, demolerase unha edificación moderna anexa existente que deteriora a imaxe da igrexa e do seu contorno, renovarase a instalación eléctrica e dotarase dun aseo á sancristía.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aberta a inscrición nas próximas carreiras do IV Circuíto Leader Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Mato presenta en Paradela unha candidatura «asentada e continuista froito da acreditada experiencia»

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: