• Don Andrés García Camba de las Heras, monfortino de destacada traxectoria histórica e un dos grandes descoñecidos da historia local, xa forma parte da galería de persoeiros ilustres que pode verse no IES A Pinguela. A presencia do seu retrato neste espazo, no que acompañará a Lois Pereiro, Doutor Goianes ou Maximino Teijeiro, débese á boa man do pintor lucense Maximiliano López, autor do retrato e doador da obra ao centro educativo.
RODRÍGUEZ OTERO INVESTIGOU SOBRE A FIGURA DE GARCÍA CAMBA DE LAS HERAS
Na relevancia deste senlleiro personaxe da historia monfortina xa tiña afondado a escritora e investigadora Margarita Rodríguez Otero, no seu libro titulado «Andrés García Camba de las Heras. 1790-1861. Militar, político y escritor». Rodríguez Otero elaborou tamén un artigo sobre García Camba para o vindeiro número da revista do IES A Pinguela, que levará á portada o retrato asinado por Maximiliano López.•