A película “Pelerinaxes” proxectarase de balde en Chantada

A deputada de Cultura, Pilar García Porto, e o director do filme, Simone Saibene, na presentación do ciclo.  GPDL
A deputada de Cultura, Pilar García Porto, e o director do filme, Simone Saibene, na presentación do ciclo. GPDL

 

• O vindeiro sábado 29 de outubro, o Auditorio Municipal de Chantada acollerá a proxección da longametraxe “Pelerinaxes”, última creación do director italo-galego Simone Saibene. A proxección, totalmente gratuíta, comezará ás 21,30 horas, dentro do circuíto que o filme está a percorrer polos dez municipios lucenses que integran o roteiro cultural protagonista da cinta.
VIAXE DENDE OURENSE A SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO, FEITO EN 1927 POR TRES INTELECTUAIS GALEGOS
A película “Pelerinaxes” recrea a viaxe entre Ourense e Santo André de Teixido que relizaron en 1927 os intelectuais galegos Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Xosé Ramón Fernández- Oxea, coñecido como Ben-Cho-Shey. A longametraxe está inspirada  no libro de viaxes que Otero Pedrayo publicou en 1929 baixo o título “Pelerinaxes I”.
ACTORES E ACTRICES GALEGOS
A película está protagonizada pola actriz lucense Carmen Méndez, que encarna a Luzía, unha investigadora que percorre as oito etapas do camiño entre Ourense e Santo André de Teixido para rematar un proxecto audiovisual iniciado na universidade sobre o libro de Otero Pedrayo xunto cun compañeiro. O reparto deste filme confórmano tamén os ourensáns Xoel Yáñez, Alfonso Míguez, Ruth Sabucedo e Isabel Risco.•
A DEPUTACIÓN CUSTEA A DIFUSIÓN DA CINTA
O circuíto, promovido pola Deputación de Lugo, iniciouse o día 8 en Rábade, e fixo parada en Carballedo o sábado 22. Segundo explicou a deputada de Cultura, Pilar García Porto, na presentación do circuíto, a Deputación de Lugo colabora cunha achega económica de 5.000 euros para a difusión da cinta pola provincia. Ademais de Chantada e Carballedo, poderá verse en Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla, entre outros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Medra o doble o número de visitantes na Ruta do Románico de Chantada e Taboada

Seguinte Nova

O Concello de Sober remata os traballos de acondicionamento no lugar de Outeiro e na rúa da Igrexa

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss