Exposicións: Chega a Monforte «Un pobo, unha selección»

• A exposición, que poderá verse diante da Casa do Concello de Monforte ata o 24 de marzo, repasa a historia do deporte galego

O deputado de Deportes, Efrén Castro, e a tenente alcalde de Monforte, Gloria Prada. Foto GPVDL.

O deputado de Deportes, Efrén Castro, e a tenente alcalde de Monforte, Gloria Prada, inauguraron a mostra “Galiza. Un pobo, unha selección”, organizada por Vía Galega coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A exposición, que poderá verse diante da Casa do Concello de Monforte ata o 24 de marzo, repasa a historia do deporte galego, afondando na participación de deportistas do país nos Xogos Olímpicos, na traxectoria das seleccións galegas e na mobilización social arredor do dereito de Galiza a participar con equipos propios en competicións internacionais. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Dous anos despois, volven os Mercados na Praza de Abastos

Seguinte Nova

A Xunta deixa de recomendar o uso das máscaras nos patios dos colexios

Ir aInicio

Don't Miss