Monforte presenta a oitava edición do Fancine de Lemos

• Celebrarase dende o mércores día 6 ata o domingo 10 de xullo e o festival xirará entorno á relación que teñen o cinema e o mundo dos videoxogos

Xa está en marcha a oitava edición, do Fancine de Lemos, Festival de Cine Fantástico e de Terror, que acollerá a cidade de Monforte entre o 6 e o 10 de xullo deste ano, logo de que esta nova edición fose presentada polo Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, a primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada e Iván Patiño, director do festival, nun acto no que se deu a coñecer tanto o cartel oficial coma a súa programación.
O Festival ofrecerá a posibilidade de ver cine ó aire libre, neste caso, no parque dos Condes. “É un xeito diferente para gozar das películas, especialmente na época de verán en que se celebra o Festival”. Un festival que se integra dentro da programación do Verán Cultural monfortino.
O Fancine celebrarase dende o mércores día 6 ata o domingo 10 de xullo e este ano o festival xirará entorno á relación que teñen o cinema e o mundo dos videoxogos. Tamén, o Festival conmemorará o 20º aniversario da película “Resident Evil” e o 40º aniversario da película “Tron”.
Ademais do concurso anual de curtametraxes, eixe principal do Festival, e as proxeccións de longametraxes, o certame terá un sinfín de actividades dende masterclass, obradoiros de maquillaxe ou concertos.
Este ano tamén destacará a exposición sobre videoxogos que levará a cabo a asociación MUVI, primeiro museo de videoxogos de Galicia e a homenaxe que o Fancine de Lemos en colaboración co Concello de Monforte de Lemos.
O pais convidado este ano será México, do que se proxectará unha mostra do cinema fantástico que se fai nese país.

CARTEL OFICIAL
O cartel, que convirte a Monforte nun espazo virtual onde a Torre da Homenaxe xoga un papel central, foi realizado pola artista lucense Isabel Vila Díaz. Iván Patiño explicou que é unha homenaxe ás consolas e videoxogos antigos, pois a Torre imita o logo de Hatari. “O cartel converte a Monforte nunha realidade virtual, en consonancia co lei motiv da edición deste ano”.

NOVOS ESPAZOS
O Festival segue a apostar pola incursión de novos concellos con espazos únicos. Monforte seguirá sendo o eixo das actividades ofertando cinema ó aire libre no Parque dos Condes, como e tratando de recuperar espazos cunha forte impronta coma son a Casa da Cultura Lois Pereiro ou o Ateneo Casino. Tamén porase a disposición do espectador os Multicines Hollywood onde se fará unha premier internacional como apertura do festival. Ademais de Monforte, outros dous concellos uníronse ao Fancine, concretamente Sober e A Pobra do Brollón.

HOMENAXE A JOSÉ LUÍS MONTERO
Dende o Fancine, rendirase homenaxe a figura de Jose Luís Montero, natural de Monforte e que adicou gran parte da súa vida a coleccionar material único da historia de Monforte. Moito de ese material é cinematográfico. Así, farase un pequeno documental que recordará a súa memoria, así coma unha pequena exposición, todo na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

COLABORACIÓNS
Outro dos puntos fortes do Festival será a colaboración con MUVI, O museo de Videoxogos de Galicia, ubicado en Cangas do Morrazo, que levará a cabo os días do festival diversas actividades que irán dende exposicións, obradoiros ou charlas, “para achegar o coñecemento dos vellos videoxogos ás novas xeracións”, resaltou Patiño. Outra das colaboracións é co youtuber galego “Recuncho gamer”, que falará do mundo dos videoxogos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Día da Transrománica

Seguinte Nova

O BNG reclama á Xunta medidas para reactivar o regadío do Val de Lemos

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss