Un documental sobre a heroicidade dos ferroviarios vítimas do réxime franquista

Fotos Montero

Organizado pola Asociación de Amigos do Ferrocarril (AMAFER) en colaboración co Concello de Monforte vense de proxectar no Centro Cívico un interesante documental “Los Hijos del Hierro” producido por RENFE e aborda a historia das vítimas ferroviarias da época franquista en España. O Alcalde José Tomé Roca participou na presentación da proxección, destacando que “este documental foi realizado pola Fundación de los Ferrocarriles Españoles e producido por RENFE, e busca recuperar esa parte da memoria histórica da época da Guerra Civil e do período franquista na que, dunha ou doutra forma, foron protagonistas os ferroviarios, pois narra a represión á que foi sometido este colectivo”.
No debate posterior, participaron Miguel Muñoz Rubio, que foi un dos guionistas deste documental; Raquel Chapel Gómez, que é neta de Miguel Chapel Salgueiro, nacido en Monforte de Lemos en 1903, que foi ferroviario e maquinista na Compañía de Ferrocarriles del Norte, e que tivo que fuxir a Francia escapando da represión franquista; e Fermín Avellaneda de AMAFER, quen aportou datos relativos á situación en Monforte naquela época.
O Alcalde destacou que “é un pracer participar neste acto no que abordamos a historia das vítimas ferroviarias da época franquista en España a través dun documental de enorme interese, porque nos permite coñecer aspectos da nosa historia recente que non debemos esquecer, historia que ademais nos toca moi de cerca, pois como saben Monforte foi e é cidade de ferroviarios”.

As vítimas ferroviarias do franquismo
Ó longo de 50 minutos, este filme estrutúrase sobre 6 entrevistas realizadas a familiares de traballadores ferroviarios que foron obxecto de diferentes formas represivas como o fusilamento, o cárcere, os traballos forzados ou o exilio.
O documental tamén conta coa participan de varios historiadores e especialistas en Memoria Histórica, cuxas intervencións permiten construír o contexto no que sucederon estas historias de vida.
Neste senso, o Alcalde aportou “un dato moi relevante, calcúlase que en torno a 83.000 profesionais do sector ferroviario se viron involucrados na persecución e represión franquista”.
Antes de dar paso á proxección do documental, o rexedor municipal aclarou que o título do documental “Los Hijos del Hierro” é o título dun poema de Miguel Hernández, que o escritor alicantino adicou ós ferroviarios durante a súa estancia en Xaén.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Inmarcesibles, unha mostra fotográfica sobre a beleza real feminina

Seguinte Nova

Os campos de fútbol do Luis Bodegas e do Calasancio renovarán o seu céspede artificial

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: