Grupos de Monforte. Concertos na rúa, unha opotunidade para que os grupos locais mostren o seu traballo

Cero2Cero, Coolflanders e Los Jinetes del Trópico foron os primeiros en actuar nas sesións Grupos de Monforte. Concertos na rúa.
(Foto: MONTERO)

As Festas Patronais de Monforte teñen na súa oferta musical un dos seus principais atractivos. Polo escenario da Compañía pasan importantes grupos e orquestras do panorama nacional. Pero ademais, son unha excelente oportunidade para que os grupos locais poidan subirse a un escenario e mostrar en boas condicións o seu traballo.
Neste sentido, logo da reunión mantida polo Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Concelleira de Cultura, Marina Doutón, e polo responsable de Music Soft, Alberto Espín, cos grupos musicais monfortinos, para buscar unha fórmula que permitira que estas bandas tiveran a súa parte de protagonismo no programa do Verán Cultural do Concello.
Así, acudiron ó Salón de Plenos do Concello os representantes dos grupos musicais que protagonizarán o ciclo “Grupos de Monforte. Concertos na rúa”, un novidoso programa de actuacións que terán lugar nos meses de agosto e setembro e que é, en verbas do Alcalde, “unha aposta decidida do Concello por dar visibilidade e poñer en valor ós nosos grupos musicais da cidade”.
A xuntanza serviu para que José Tomé explicara ós asistentes os últimos detalles deste programa de actuacións, incluído no Verán Cultural de Monforte, que terá lugar en 3 espazos da cidade, como son a praza de España, a zona da Compañía e a praza da Estación, e anuncioulles “que contarán cunha boa produción para que as súas composicións soen coa calidade profesional que merecen”.
Este ciclo de concerto é “unha aposta decidida do Concello de Monforte polos grupos monfortinos, para dar a coñecer a súa creatividade e as súas propostas en diferentes estilos musicais tanto ós nosos veciños como ás persoas que nos visitan”, sinalou o Alcalde. “Neste senso, os representantes dos diferentes grupos agradeceron ó Alcalde a iniciativa “porque da visibilidade ós grupos da cidade”.

Programa
de actuacións
O Alcalde sinalou que por un imprevisto de última hora, o grupo The Poet Silence, que tiña prevista a súa actuación o xoves 1 de setembro na praza da Estación, finalmente non poderá actuar e o seu substituto será o grupo Bella Chaos.
O programa de concertos, todos gratuítos xa comezour coas actuacións esta semana de CERO2CERO, COOL FLANDERS e LOS JINETES DEL TRÓPICO. Pero o programa continuará ao longo do mes de agosto e comezos de setembro.:

  • Martes 23 de agosto:
    DINOSAURIOS na Praza da Estación ás 22:30h.
  • Martes 23 de agosto:
    DOC MAGOO’S na Praza da Estación ás 00:00h.
  • Mércores 24 de agosto:
    PENNY LANE na Zona Compañía ás 22:30h.
  • Mércores 24 de agosto:
    MOVILLA Y LOS IRREPETIBLES na Zona Compañía ás 00:00h.
  • Xoves 1 de setembro:
    BELLA CHAOS na Praza da Estación ás 23:00h.
  • Venres 2 de setembro:
    AD HEIRA LITI na Praza de España ás 22:30h.
    Venres 2 de setembro:
    DELOREANS na Praza de España ás 00:00h.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Verbenas, concertos e espectáculos de rúa nas Festas Patronais de Monforte

Seguinte Nova

Fernando Hernández presentou a súa novela Gotas de esperanza

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss