O Ucoga CB Chantada non foi quen de competir polo ascenso en Huelva

Aínda que o repetimos con moita frecuencia, temos que volver resaltar o enorme mérito que ten o Ucoga CB Chantada, que un ano máis, foi capaz de proclamarse campión do seu grupo de liga EBA, e volver gozar dunha fase de ascenso a Leb Prata. E é que tanto o traballo organizativo da directiva que preside Rizo Montengro, o deportivo con Alberto Fafián á cabeza cun cadro de persoal de xogadores que aúna mocidade e experiencia cunha enorme implicación, e toda a vila de Chantada envorcada co seu equipo ben se mereceron o premio de competir nunha nova fase de asecno. Ilusión non lles faltou pero a meta non non era sinxela, e caeron derrotados no primeiro partido por 67-53 ante o UE Mataró liderado por un Juanola Madeira intratable, que se foi aos 22 puntos. No segundo partido, agardábaos un dos anfitrións do torneo, o Huelva Comercio Viridis, un equipo cun amplo potencial e un xogo moi físico que se impuso por un cómodo 87-66 para rematar a fase perdendo ante Refitel Bàsquet Lliria por un axustado 70-73.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Trens turísticos de Galicia

Seguinte Nova

Novo éxito para o Club Quixós

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss