Celebración do Día do Libro en Bóveda

O Concello de Bóveda conmemorou o Día do Libro cunha serie de actividades que realzan a importancia da lectura e a literatura na nosa comunidade.
Como parte do programa Ler Conta Moito, o Centro Sociocultural de Bóveda abriu as súas portas para recibir a aclamada escritora lucense, Ana Meilán. A sala de actos encheuse de historias e maxia con dúas sesións de contacontos: unha dedicada aos cativos e cativas do CEIP Rosalía de Castro e outra para o público en xeral. Baixo o título “Quen vén esta noite?” os máis pequenos desfrutaron dun espectáculo pensado especialmente para eles, mentres que o segundo acto, “Un universo na túa maleta”, transportou a todos os asistentes a un mundo de aventuras e fantasía.
A Biblioteca Pública Municipal non quedou atrás e organizou a actividade “Qué é para ti un libro”, convidando a todos aqueles que desexasen a compartir o significado dos libros nas súas vidas. Os participantes tiveron a oportunidade de deixar as súas reflexións nun panel e, a cambio, levaron consigo un libro retirado da colección da biblioteca, brindándolle así unha segunda vida e facendo espazo para novas adquisicións.
A Axencia de Lectura Municipal uníuse á celebración ao longo de toda a semana, ofrecendo un agasallo a todos aqueles que se acheguen á biblioteca e compartan as súas achegas no panel dedicado ao Día do Libro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Bóveda impulsa o turismo astronómico con novo miradoiro na Serra de Penas

Seguinte Nova

O alcalde José Manuel Arias na FEMP

Últimas noticias sobre EVENTOS

Xornada Micolóxica en Pantón

Pantón acolle o domingo 17 unha xornada micolóxica, que inclúe unha charla sobre Introdución á Micoloxía e aos fungos medicinais, a cargo
Ir aInicio

Don't Miss