O Concello de Bóveda impulsa o turismo astronómico con novo miradoiro na Serra de Penas

José Manuel Arias, Alcalde de Bóveda: “As obras previstas teñen por obxecto acondicionar un miradoiro astronómico que permita ver e desfrutar da visión do firmamento contemplando todas as constelacións que se sitúan nesta latitude”

O proxecto consiste na execución dunha plataforma de madeira a nivel do chan, de xeito que se facilita o movemento controlado das persoas sen risco de caídas, de noite e sen luz.. Foto GPCB.

O Concello de Bóveda proxecta ampliar as súas opcións turísticas cunha nova aposta: a creación dun miradoiro astronómico na Serra de Penas, preto do miradoiro do Alto do Coto. Esta iniciativa, con orzamento de 30.000 euros, conta co apoio de Turismo de Galicia, que financia proxectos de diversificación turística en concellos de menos de 10.000 habitantes.
A intervención ten como obxectivo ofrecer aos visitantes e veciños un espazo especializado para observar o firmamento, nun entorno privilexiado caracterizado pola nula contaminación lumínica.
Segundo explica o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, esta elección responde á falta de oferta turística específica neste campo e á necesidade dun ambiente sen luz para a práctica da observación astronómica.
Con esta actuación, Bóveda suma tres miradoiros complementarios, que enriquecen a súa oferta turística.
O proxecto detalla a creación dunha plataforma de madeira ao nivel do chan, facilitando o movemento seguro das persoas durante a observación nocturna. Sobre esta plataforma, disporanse tres cadeiras-tumbonas para dúas persoas cada unha, que permitirán acadar unha posición de reclinación ideal para a observación estelar. Ademais, prevé a instalación de equipos de observación sobre trípode e un cartel indicativo co planisferio correspondente á latitude local. O prazo de execución das obras será dun mes, dando resposta á crecente demanda de turismo astronómico.
Bóveda, coa súa riqueza natural e cultural, posiciona así como un destino único para quen desexe contemplar as marabillas do universo e as estrelas nun entorno privilexiado e protexido da contaminación lumínica.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A cooperativa ECOOO adquire a aldea de Donelle para o proxecto ‘Guardabosques’

Seguinte Nova

Celebración do Día do Libro en Bóveda

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss