O pavillón do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme en Sober converteuse nun lugar de festa e alegría esta fin de semana coa celebración da XXII Festa das Avoas e dos Avós. Foi un xantar cheo de sabor e tradición. Os asistentes desfrutaron da empanada, polbo, carne asada, rosca de Millán, queixo, café e bebidas. A música en directo amenizou o ambiente, creando unha atmosfera de celebración e camaradería. Sen dúbida os médicos de familia poden esperar máis consultas das habituais, debido ao aumento do colesterol e da tensión logo deste copioso xantar.