• SERÁNS CULTURAIS 2016.
MONFORTE: Mércores 11 Maio, 18,00 h., Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. «Canta o Cuco. Magín e Uxía cantan a Manuel María». Esta é a interpretación que dous experimentados creadores vinculados á música infantil, Uxía e Magín Blanco, fan dos poemas de Manuel María para os nenos e nenas do século XXI, incorporando músicas tradicionais ou elementos do pop e rock, pasando por melodías de tango e música cubana, e melodías de cantautor. A creación escénica corresponde a Inacio Vilariño, da compañía Fantoches Baj.
CHANTADA: Sábado 14 Maio, 18,00 h., Auditorio Municipal. Zanfoneiros/as da Tradescola. Un grupo de máis de dez alumnos e alumnas da Tradescola, xunto co seu mestre Luis O Caruncho, ofrecerán un espectáculo de zanfona ao xeito tradicional, cun repertorio baseado no legado do recuperador da zanfona Faustino Santalices.
O INCIO: Sábado 14 Maio, 20,00 h., Praza do Concello. Lucecús Teatro, «A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna». A partir dos textos de Manuel María, os Lucecús constrúen a curiosa e divertida historia deste máxico personaxe. Alguacil e barbeiro, Manuel de Paderna posuía un enfeitizo poético inusual, que facía parar as augas dos ríos e mesmo, según dicían, os paxaros calaban para escoitar as súas verbas.
SARRIA: Luns 16 Maio, 18,00 h., Casa da Cultura. «Canta o Cuco. Magín e Uxía cantan a Manuel María».
•LER CONTA MOITO.
O SAVIÑAO: Venres 6 Maio, 18,00 h., Biblioteca Municipal. Intres (Olga Abad) ofrecerá o obradoiro «As nosas historias». Esta actividade busca achegar aos nenos e nenas de 4 a 8 anos a narración oral galega máis antiga, así como fomentar a súa creatividade.
SOBER: Venres 6 Maio, 17,30 h., Biblioteca Municipal. Polo Correo do Vento ofrecerá a actividade titulada «O poeta do Miño, unha homenaxe a Manuel María». Un contacontos para reflexionar cos máis pequenos sobre a inspiración poética, centrada na figura de Manuel María, a través da oralidade e da ilustración. O contacontos rematará cun obradoiro de debuxo da caricatura de Manuel María.
CARBALLEDO: Mércores 11 Maio, 10,00 h., Biblioteca Municipal. Velaísca Proxectos Educativos desenvolverá a actividade «As letras na gaiola». Vai dirixido a nenas e nenos de 6 a 10 anos, e a colectivos de persoas con discapacidade intelectual ou psíquica. A actividade trata de sacar os libros do ámbito estrictamente escolar, para darlle á lectura un carácter máis lúdico, a través de minixogos en equipo. Recitar poemas de forma enxeñosa, activar a imaxinación reinventando un libro, ou responder cuestións sobre contos ou autores serán algunhas das probas.
CHANTADA: Sábado 14 MKaio, 12,00 h., Biblioteca Municipal. Larraitz desenvolverá a actividade «Babacontos con Manuel María«. Para nenos e nenas de 4 a 12 anos, esta actividade propón retomar poesìas e contos de varios libros de Manuel María, en versións cantadas ou, tamén, interpretadas pola actriz Larraitz Urruzola.
RIBAS DE SIL: Domingo 15 Maio, 13,00 h., Biblioteca Municipal. Manuel Solla ofrecerá a actividade «Conto contigo», para nenos e nenas de 4 a 11 anos, e que integra concursos, monicreques, contacontos, maxia, trabalinguas e cancións, cun planteamento dinámico e participativo.•