A Xunta destina 102.000 € á Unidade de Atención Temperá de Quiroga, O Courel e Ribas de Sil

O xefe territorial da Consellería de Política Social en Lugo, Javier Vázquez Nodal con alcaldes de comarca, na visita ao centro social da Ribeira, en Quiroga. GPXG,

• Redacción- MONFORTE. O xefe territorial da Consellería de Política Social en Lugo, Javier Vázquez Nodal, destacou que a Xunta destina este ano un orzamento de 102.600 euros para financiar o funcionamento da Unidade de Atención Temperá de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil. Vázquez Nodal participou na inauguración das instalacións no centro social da Ribeira, en Quiroga, en compañía do alcalde do municipio, Julio Álvarez, e doutros rexedores da zona. Apuntou que o Goberno galego aprobou en 2021 esa achega máxima para sufragar o servizo, que conta con profesionais de Fisioterapia, Logopedia e Psicoloxía. A Rede de Atención Temperá atende a nenos e nenas de ata seis anos que teñen algún trastorno no desenvolvemento ou presentan risco de padecelo. A Xunta de Galicia destinará 6,2 millóns de euros en 2022 para ampliar a máis de 50 as unidades que funcionan na Comunidade. Na provincia de Lugo, as axudas aprobadas este ano pola Consellería de Política Social para a prestación de servizos de atención temperá por parte de administracións locais contribúen a dar cobertura a nenos e nenas de 36 municipios.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

BNG e PP demandan melloras nos servizos ferroviarios das comarcas de Lugo

Seguinte Nova

Quiroga mellora o campo de fútbol de San Martiño e as pistas deportivas do parque da Constitución

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: