O cambio de domicilio dos permisos de conducción poderá realizarse no propio Concello de Sober

Este novo servizo é posible grazas ao protocolo de adhesión ao convenio subscrito entre o organismo autónomo Jefatura Central de Tráfico e a Federación Española de Municipios e Provincias (Femp) para o intercambio de información e a mutua colaboración administrativa, que suscribiron este mes o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e a xefa provincial de Tráfico, Paula Yubero. En virtude deste convenio, o Concello de Sober comprométese a tramitar o cambio de domicilio dos permisos de conducción e circulación a través da remisión das solicitudes á Unidade provincial de Tráfico cunha periodicidade de quince días. Para poder levar a cabo o trámite é preciso que os interesados autoricen ao Concello a comunicar o cambio. Concello e Tráfico apostan polo uso de medios telemáticos para realizar as notificacións, como arquivos dixitais ou correo electrónico, de cara a axilizar a execución do trámite solicitado.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Brollón mellora a súa viticultura pola formación

Seguinte Nova

Ata o 15 de decembro está aberto en Sober o prazo de solicitude das becas de transporte para estudantes universitarios

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: