O Partido Popular considera que na pasada visita a Taboada que realizou o ministro de Fomento, José Blanco, este desaproveitou a ocasión para explicar qué vai facer coa autovía Lugo- Ourense, “fundamental para a comunicación dos concellos da comarca de Chantada, pero tamén para o resto da provincia”. Os populares consideran “chamativo” que Blanco prometera a construcción do acceso sur a Taboada pero “esquecera” falar da autovía Lugo-Ourense, “entre outras obras que o seu ministerio aínda ten pendentes de execución”. En parecida situación atópase, no criterio de Xosé Manuel Barreiro, senador e presidente dos populares lucenses, a A-72 Monforte-Chantada, que tería que estar xa operativa, pero da que aínda non hai “nada de nada”. Barreiro anunciou que preguntará no Senado ó ministro polas “previsións” que ten para a construcción destas autovías e da A-76.
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
O presidente, José Tomé Roca, comprobou o avance dos traballos na LU-P-0901 entre os quilómetros 8,3
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un novo investimento que supera os 800.000€
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de presentar nunha rolda de prensa o anteproxecto
A Xunta de Galicia anunciou que, nas próximas semanas, iniciarán as obras de restauración do claustro