Grafiteros de élite redeseñan o espíritu da rúa

Arte urbán en Monforte

Redacción-Monforte

Un dos grafitis que xa pertencen á fisonomía da vila de Monforte de Lemos. EC.

Monforte redeseña a súa faciana gracias á Xuntanza de Pintura Mural celebrada recentemente, e que contou coa participación de cinco artistas urbanos de relevancia internacional. Os resultados artísticos desta Xuntanza, organizada polo Concello de Monforte, están a ser moi ben acollidos pola cidadanía, según comentou o rexedor local, Severino Rodríguez. O alcalde destacou a utilidade desta iniciativa, xa que estes grafitis, ao tempo que supoñen unha actividade valorada pola mocidade, contribúen a recuperar espazos urbanos degradados. Pola súa parte, Estrella Formoso, concelleira de Xuventude, destacou a recoñecida traxectoria artística dos cinco creadores que deixaron a súa impronta nos murais de gran formato que xa se poden ver na ronda urbana, na estrada de Sober, na rúa Chantada, no parque Santiago e no paseo do Malecón. Formoso agradeceu ademais o patrocinio da Vicepresidencia Terceira da Deputación de Lugo, e a colaboración de Pinturas Ángel, que aportou o material para a realización dos grafitis. Pola súa parte, Humberto Loureiro, artista e coordinador da actividade, destacou esta Xuntanza como un bo colofón da rolda de eventos organizados polo Concello e vinculados ao grafiti. Destacou tamén que murais destes mesmos artistas poden atoparse en cidades como Bruxelas, Londres ou Berlín.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Escola Oficial de Idiomas abriu as súas portas aos veciños da comarca

Seguinte Nova

22M-eleccións municipais 2011- Monforte de Lemos-Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: