Ampla formación para os traballadores das escolas infantís Galiña Azul en Chantada

A Rede de Escolas Infantís A Galiña Azul, no marco do plan de formación continua dos traballadores destes centros, impartiu varios cursos en distintos centros, un deles o de Chantada, aos que en total asistiron 150 profesionais. Enmarcadas no plan de formación continua dos traballadores das escolas infantís da Consellería de Traballo e Benestar, as accións formativas teñen unha duración total de 25 horas impartidas en dous fines de semana. Neste senso, a última das xornadas rematará esta fin de semana. Pola súa parte, na escola infantil ou Galiña Azul de Chantada abordáronse contidos relativos a “O xogo na escola infantil 0-3: o cesto dos tesouros, o xogo heurístico, o xogo simbólico”.

Pero outros dos temas a tratar foron “A Linguaxe corporal cos nenos e coas nenas: novos ámbitos de comunicación”, con contidos como o equilibrio e a coordinación; ou o xogo libre como medio de expresión e os recursos musicais. Entre os obxectivos desta acción están os de aplicar as ferramentas TIC no traballo educativo da escola, identificar as posibilidades educativas das redes informáticas ou ampliar coñecementos sobre as potencialidades educativas e as ferramentas dos blogues.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas de Sarria 2011-2012 con 13 disciplinas

Seguinte Nova

Os estudantes saen á rúa en Monforte

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: