Unánime apoio institucional á candidatura da Ribeira Sacara como Patrimonio da Humanidade

Participantes na xuntanza que tivo lugar no Centro de Inmersión Lingüística dos Peares para avaliar a situación actual e explicar cales serán os próximos pasos que se levarán a cabo ao respecto da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Foto GPXG.

O Consello do Patrimonio Histórico Español decidiu, por unanimidade, que o Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra sexa a próxima candidatura de España para formar parte da Lista de Patrimonio Mundial da UNESCO. Esta proposta será presentada ante o organismo internacional en febreiro de 2025 e será avaliada na reunión do comité de evaluación da UNESCO en 2026.
A decisión foi tomada na 94ª Reunión do Consello do Patrimonio Histórico, celebrada no Museo Insular de La Palma. Presidida polo director xeral de Patrimonio Cultural e Belas Artes do Ministerio de Cultura, Isaac Sastre de Diego, a xuntanza contou coa participación de todas as comunidades autónomas.
A candidatura, que xa foi presentada en 2020 e finalmente retirada tras os informes previos de ICOMOS, foi elaborada baixo un novo enfoque. Desta vez, o valor excepcional único do Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra radica na relación que se estableceu durante séculos entre un paisaxe escarpado, esculpido pola auga, e as súas poboacións.
A Ribeira Sacra, catalogada como Ben de Interese Cultural na categoría de ‘paisaxe cultural’, é o paisaxe simbólico máis occidental da Europa continental. Testemuña da cultura hídrica, alí consérvanse pegadas de máis de mil quinientos anos de ocupación continuada.
Abadías, mosteiros e igrexas son testemúñas das comunidades que durante séculos transformaron o paisaxe para facelo un medio de vida. As terrazas de cultivos, a parcelación e organización territorial medieval, así como os variados ingenios asociados á auga como fontes, canles, pontes, muíños, fábricas de luz ou embalses hidroeléctricos, son exemplo deste aproveitamento e da autosuficiencia enerxética.
Alén diso, o Consello de Patrimonio Histórico foi informado do recente recoñecemento do Mosteiro de San Xerónimo de Yuste (Cáceres) co Selo do Patrimonio Cultural Europeo. Esta candidatura recoñece ao mosteiro, declarado Ben de Interese Cultural, como un lugar de referencia e identidade transnacional, tanto polo seu valor patrimonial como simbólico, como polo seu patrimonio inmaterial de alto valor e impacto.

A proposta, elaborada baixo un novo enfoque que destaca como valor excepcional a relación entre o territorio e os seus poboadores, presentarase ante o organismo internacional en febreiro de 2025 e será avaliada en 2026. Foto ARQUIVO.


No marco do traballo sobre desenvolvemento sostible, o Ministerio de Cultura presentou as novidades do protocolo para a implantación de enerxías renovables en bens do patrimonio cultural. O obxectivo é converter este documento nunha ferramenta útil e consensuada entre todos os axentes implicados na implantación de sistemas de enerxías renovables e no respecto polos valores patrimoniais. Para avanzar nesta dirección, o Ministerio de Cultura, xunto co Goberno de Navarra, organizará os próximos 27 e 28 de xuño en Pamplona a I Xornada sobre Patrimonio Histórico e Enerxías Renovables. Durante estes días, analizaranse as relacións entre estes dous ámbitos e presentaranse exemplos de boas prácticas tanto en España como en Europa.•

Logo de que o Consello do Patrimonio Histórico Español decidira por unanimidade que a candidatura da Ribeira Sacra sexa a proposta de España para inscribirse na Lista de Patrimonio Mundial da UNESCO, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, quen participou na xuntanza celebrada na illa da Palma, acompañado pola directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, e os técnicos do equipo redactor, afirmou que “esta é unha boa nova para Galicia porque poñer en valor e protexer este territorio é algo que asumimos como un gran reto de país”.
Tras o aprazamento estratéxico da candidatura decidido no ano 2021, o órgano de coordinación entre o Estado e as comunidades autónomas valorou positivamente a proposta da Xunta de Galicia. Esta medida foi vista como unha oportunidade de recoñecemento da resistencia e calidade da Ribeira Sacra, un territorio exemplar que serve de inspiración para todo o país.
O responsable autonómico de Cultura expresou o orgullo e a confianza na candidatura da Ribeira Sacra, considerando-a un grande reto para Galicia. Agradeceu o apoio unánime do Estado e das comunidades autónomas, subliñando o esforzo realizado desde o inicio do proxecto en 2017.
Os próximos pasos inclúen a preparación formal do expediente, coa colaboración do Ministerio de Cultura, para cumprir coas directrices da UNESCO. Este informe será presentado en febreiro de 2025 en París, para a súa avaliación polos órganos consultivos, coa vista posta na sesión do Comité do Patrimonio Mundial de 2026.

A decisión foi adoptada polo Consello de Patrimonio Histórico, convocado polo Ministerio de Cultura que se celebrou os días 4 e 5 de abril na illa da Palma. Foto GPXG.


Pola súa banda, a Deputación de Lugo, a través do seu Presidente, José Tomé Roca, ratificou o apoio total á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. Lembrou e implicación total da Deputación para que a Ribeira Sacra reciba este prestixioso recoñecemento internacional, que “precisamente impulsou esta institución provincial, baixo a presidencia de José Ramón Gómez Besteiro, liderando unha campaña de mobilización institucional e social en favor da candidatura coa que recolleu máis de 40.000 firmas nun autobús que percorreu a xeografía galega e do resto de España”.
O Presidente valorou o impacto positivo desta declaración en termos de promoción turística e de xeración de riqueza para o territorio, argumentando que “a Ribeira Sacra non necesita ningún carné, pero é verdade que este recoñecemento axuda á promoción a nivel mundial e suporía un empuxón máis de cara a que a Ribeira Sacra sexa máis coñecida, máis visitada e mellor valorada”.
Este respaldo institucional, sumado ao esforzo social e á mobilización realizada, reflicte o compromiso co recoñecemento internacional deste territorio.
No mesmo sentido, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, enfatizou a importancia da retirada a tempo da candidatura anterior e a necesidade de comunicar correctamente os valores do territorio.
Pablo Rivera Capón viña de participar na xuntanza que tivo lugar no Centro de Inmersión Lingüística dos Peares para avaliar a situación actual e explicar cales serán os próximos pasos que se levarán a cabo ao respecto da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Un encontro que tamén contou coa participación do Conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, o Presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, alcaldes e representantes de entidades municipais desta comarca que conforman as provincias de Lugo e Ourense. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Partido clave para o Club Lemos

Seguinte Nova

A SD Sarriana pelexa pola promoción

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: