Novas axudas para a dependencia en Galicia: máis de 30.000 beneficiarios este ano

A Xunta destina 155 millóns de euros para o Bono Coidado no Fogar e o complemento para residencias, ampliando a cobertura e igualdade de acceso aos servizos de atención

O Bono Coidado no Fogar e o complemento ao Bono Residencia son dúas prestacións accesibles a todas as persoas que teñen a dependencia recoñecida, sen importar o grao da mesma ou a súa situación económica. Foto GPXG.

Máis de 30.000 galegos veranse beneficiados este ano do Bono Coidado no Fogar e do complemento para o pago dunha residencia, grazas ás novas medidas impulsadas pola Xunta de Galicia. Estas axudas, accesibles a todas as persoas con dependencia recoñecida, independentemente do seu grao ou situación económica, supoñen unha aposta decidida pola atención ás persoas maiores e dependentes na nosa comunidade.

UNIVERSALIZACIÓN DOS COIDADOS Á DEPENDENCIA
A atención ás persoas maiores e dependentes é unha prioridade para todas as administracións públicas, especialmente nun contexto demográfico marcado polo envellecemento da poboación. O presuposto destinado a este fin en Galicia crece ano tras ano, chegando a 540 millóns de euros neste exercicio, un 18% máis que en 2023. Este incremento económico permitiu avanzar cara á universalización dos coidados á dependencia, mediante a posta en marcha de dúas novas medidas: o Bono Coidado no Fogar e o complemento ao Bono Residencia, que desde principios deste ano, todas aquelas persoas con dependencia recoñecida que cumpren cos requisitos xa reciben mensualmente. Unhas axudas das que se beneficiarán máis de 30.000 galegos e ás que o Executivo autonómico destinará 155 millóns de euros ao longo de 2024.

A atención ás persoas maiores e con dependencia é un dos temas prioritarios das administracións públicas, máis nun contexto demográfico marcado polo envellecemento da poboación. GPXG.

BONO COIDADO NO FOGAR
O Bono Coidado no Fogar, dotado con 5.000 euros anuais, está dirixido ás persoas dependentes atendidas nas súas propias casas, sen importar o seu grao de dependencia ou capacidade económica.

COMPLEMENTO DO BONO RESIDENCIA
Por outra banda, as persoas que reciben axuda para o pagamento dunha residencia recibirán un extra de 1.200 euros ao ano para facer fronte aos custos do aloxamento, independentemente do seu grao de dependencia ou nivel de renda.

SISTEMA ACCESIBLE E IGUALITARIO
Con estas iniciativas, Galicia avanza cara ao obxectivo de establecer un sistema de atención á dependencia accesible e igualitario para todos os seus cidadáns, equiparándoo a servizos básicos como a educación ou a sanidade.
Nos últimos anos, o noso territorio experimentou un forte impulso neste ámbito, coa creación de novos recursos de atención onde antes non existían, a través de iniciativas pioneiras como as casas do maior; co impulso dun novo modelo de coidados, que inclúe entre outras medidas a dixitalización das residencias da Xunta ou co incremento notable das persoas con dependencia atendidas.Ao longo dos últimos catro anos, Galicia aumentou en máis de 12.000 o número de dependentes atendidos, superando os 73.000 beneficiarios en total. Esta cifra sitúa a nosa comunidade cunha ratio de atención preto do 98%, oito puntos por riba da media nacional.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xornadas Pacegas: Revoltas Irmandiñas no Pazo de Tor

Seguinte Nova

O Alcalde de Monforte anuncia o investimento dun cuarto de millón de euros para a mellora do entorno da Pinguela

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: